REVISTA ABRIL

ARiMagritte 

04nov20:30ARiMagritte CONCERTOS | 9,00€20:30(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

Detalles do eventos

‘EmeJota’ é o título deste primeiro tema que ARiMagritte presenta despois de lanzar o seu LP Oráculo en 2021.

No evento soarán as cancións do disco, esta vez en formato banda.

Haberá colaboracións de artistas de diversos ámbitos musicais: indie, pop, clásica…

A presentación de ‘EmeJota’ terá lugar na Sala Sinatra, con apertura de portas ás 20:30h. e hora de inicio ás 21h. Será unha presentación en exclusiva ao mundo do tema máis íntimo e especial de ARiMagritte.

A música viguesa contará ao longo da noite con invitados de estilos musicais moi diferentes, que darán un novo son ás cancións mantendo a súa esencia. Só ARiMagritte e a percusionista, Flocos de Millo, estarán sobre o escenario durante todo o concerto.

O lanzamento de EmeJota en plataformas chegará cun videoclip, que será presentado cando a canción poida escoitarse en streaming.

Sobre ARiMagritte e Oráculo:

Desde o lanzamento de Oráculo a acollida foi excelente, con 250.000 reproducións en plataformas e máis de 300 copias vendidas de ambas as edicións.

En xaneiro de 2022, gañaba o Premio Maketón ao Mellor Disco Autoeditado e o pasado verán, o proxecto quedaba finalista no Concurso de Bandas Sons Mans, promovido por Estudos Mans, o que levou a ARiMagritte a actuar no Festival da Luz.

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sinatra Coctel Bar

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events