REVISTA ABRIL

ARiMagritte Banda

24feb19:00ARiMagritte BandaCONCERTOS | De balde19:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

A artista local AriMAgritte cumpre 10 anos sobre os escenarios e celébrao dando un concerto con banda en Vialia.

Dez anos pasaron xa desde aquel 23 de febreiro en que ARiMagritte debutaba nun repleto Salón Rexio do Círculo Mercantil, hoxe sede do R.C. Celta. Desde entón, a artista foi medrando a base de compartir en distintos escenarios a súa música sobre todo en solitario. En 2021 chegaba o seu primeiro álbum, Oráculo, unha peza de coleccionista que presentou en dous formatos. O álbum foi Premio Maketón 2022 al mejor disco autoeditado.

O pasado verán, ARiMagritte resultaba finalista no concurso de bandas Sonidos Mans, o que a levou a participar en formato trío (acompañada da chelista Elena Pintos e a baterista Flocos de Millo) no Festival da Luz.

Todos os temas de Oráculo chegan agora con son e forza renovados, ao seren presentados coa banda coa que ARiMagritte vén ensaiando durante o último ano, con Flocos de Millo á batería, Alberto Cabadas na guitarra solista e Javier Gómez ao baixo.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events