
Arantxa Treus
18dec21:00Arantxa TreusESPECTÁCULOS | De balde21:00(GMT+01:00) CC A Laxe
Detalles do eventos
Arantxa Treus actuará o vindeiro sábado 18 de decembro no primeiro Ciclo de Humor do Casino de Vigo, situado no Centro Comercial da Laxe. A actriz e humorista
Detalles do eventos
Arantxa Treus actuará o vindeiro sábado 18 de decembro no primeiro Ciclo de Humor do Casino de Vigo, situado no Centro Comercial da Laxe. A actriz e humorista galega presentará o seu último show de humor denominado ‘Sexo Débil O Carallo’.
Arantxa Treus é unha actriz galega e natural de Vigo. Teatro, cinema e televisión son as diferentes disciplinas que intercala sen ningún problema coa súa faceta de humorista. No seu monólogo contaranos sen andrómenas algunhas das súas vivencias e anécdotas, da súa propia vida e a dos demais. Un divertido monólogo no que mostrará a súa faceta máis cómica.
Ao longo da súa longa carreira profesional participou en numerosos traballos de humor e comedia por exemplo: ‘No es país para coños’, ‘Monstruación, una comedia monstruosa’, etc. En canto reporteira participou en programas do tipo Quérote tanto da TVG, co-presenta o programa ‘Lo sabe todo Vigo’, de Localia TV… Ademais participou como actriz en series como Gondar, Serramoura ou a última serie de Fariña.
Entrada de balde ata completar o aforo.
Sábado 18 ás 21:00
Máis
Hora
18 decembro, 2021 21:00(GMT+01:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual