
23mai21:15Antón Quintela “Nemólito” + Jam sessionCONCERTOS | 7,00€21:15 A Casa de Arriba
Detalles do eventos
Antón Quintela é un baterista e compositor galego establecido na cidade do Porto. Fórmase nos conservatorios da Coruña, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, no Seminario
Antón Quintela “Nemólito” + Jam session
Antón Quintela é un baterista e compositor galego establecido na cidade do Porto. Fórmase nos conservatorios da Coruña, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e cos mestres John Riley e Ian Froman na cidade de Nova York como bolseiro da Deputación da Coruña. Actualmente lidera un trío enfocado na interpretación do repertorio jazzístico e un quinteto onde ten explorado as súas composicións e arranxos orixinais xunto a algúns músicos pertencentes á nova xeración do jazz luso; en paralelo forma parte doutros colectivos do panorama luso-galaico destacando o Diego Alonso 5tet, o Eixo do Jazz Ensemble e o Filipe Dias Trio.
Nemólito (“rocha arborizada”) é o nome deste proxecto de recente creación que serve como medio para presentar a nova música do baterista. Ao mesmo tempo pretende contribuír á concienciación sobre a necesidade dun futuro no que o verde da natureza se sobrepón á cor cincenta e sen vida que predomina en tantas urbes deste globo. Para este cuarteto convida a tres dos músicos máis destacados da escena portuguesa para que o acompañen nesta viaxe arredor do seu imaxinario musical, caracterizado principalmente por unha forte componente lírica.
José Soares – Saxofón Alto ; Miguel Meirinhos – Piano ; Demian Cabaud – Contrabaixo ; Antón Quintela – Batería
O martes 23 ás 21:15 h en A Casa de Arriba. Entradas en taquilla, por 7,00€.
Máis

(Martes) 21:15
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra