
Detalles do eventos
Fvck inaugura este sábado 10 de outubro a exposición fotográfica Ángulos Mortos de Alberte A. Pereira en Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo, sita en rúa Urzáiz 17.
'Ángulos Mortos' de Alberte A. Pereira
Fvck inaugura este sábado 10 de outubro a exposición fotográfica Ángulos Mortos de Alberte A. Pereira en Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo, sita en rúa Urzáiz 17.
Este evento realizarase con cita previa e en dúas convocatorias por motivos de seguridade dada a situación actual, a primeira das 19:00 h ás 19:45 e a segunda de 19:50 a 20:30 h.
Para asistir a calquera das dúas convocatorias hai que reservar cita previa en fvckphoto@gmail.com
Na devandita inauguración, contaremos coa presenza do autor, Alberte A. Pereira, para explicarnos a intención e contido da exposición, e charlar brevemente cos asistentes ao acto, compartindo con tod@s o proceso creativo da mesma e a súa relación co proxecto Fragmentos.
En “Ángulos Mortos”, Alberte A. Pereira, deambula sen rumbo polas cidades que visita, utilizando esa deriva desde unha posición crítica, e mostrándonos esa cara B das urbes. Nelas retrata os espazos negativos e antiturísticos que se publicitan pouco, esa cara non vendible desde o punto de vista turístico ou comercial.
Ao penetrarnos neste traballo, vese a conexión directa con “Fragmentos”, coma se tratásese dun paso máis para completar a visión que ten o autor sobre o urbano. Unha visión que reúne eses lugares pouco transitados nos que se ve pero non se mira, conformando un mapa antiturístico dunha cidade imaxinaria.
Alberte A, Pereira (A Guarda 1964) É un fotógrafo autodidacta e independente. Despois dun primeo contacto coa fotografía nos anos 80, é a partir do 2012 cando realmente implícase. Desde entón, dedícase a percorrer o espazo público e a ser testemuña do que sucede nel.
O seu interese pola fotografía, fixo que realizase cursos e talleres con renombrados fotógrafos como Cristóbal Hara, José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Walter Astrada e Óscar Molina entre outros.
Os seus imagenes foron publicadas en medios escritos e dixitais e foron expostas en salas de cidades galegas como Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra e Ferrol, e a nivel internacional en Lisboa, Miami, San Francisco, Londres e Milán.
Data:
10 de outubro
Hora (dúas convocatorias):
-19:00h a 19:45h
-19:50h a 20:30h
Máis
Outubro 10 (Sábado) 19:00 - Decembro 11 (Venres) 20:00
Galería Sargadelos
Rúa de Urzáiz, 17, 36201 Vigo, Pontevedra