bannerVialia
bannerRevistaOnline

30nov(nov 30)19:3013dec(dec 13)20:30Andrés MagánARTE E MUSEOS | De balde(novembro 30) 19:30 - (decembro 13) 20:30 Galería Maraca

Andrés Magán

Do 30 de novembro ao 13 de decembro

No seu afán por achegarnos o mundo da ilustración, Galería Maraca tráenos nesta ocasión unha exposición dun dos ilustradores galegos máis recoñecidos e máis interesantes do panorama underground europeo. Ademais para a inauguración o propio autor presentará o seu último traballo, unha novela gráfica editada por Bang! edicións “Las Aventuras de Passer P.Malta”, e como guinda do evento teremos a actuación de 15 Iguais, o novo proxecto musical do mesmo A.Magán (ex-Fantasmage) xunto a Carmela Rodríguez no que mesturan música en directo con proxeccións de vídeos.

“No se cuando vuelve el cerrajero” é a primeira expo individual de Andrés Magán en Vigo. Unha mostra dividida en dous partes: unha na que se mostrarán as 48 páxinas orixinais a man do libro “Las aventuras de Passer P.Malta” e outra na que se mostrarán unha recompilación de máis de 30 dos debuxos máis persoais do autor onde se poderá apreciar o seu inconfundible estilo con formas, cores e abstractos hipnóticos pero tamén polos seus universos turbadores e personaxes inquietantes e case traumáticos.

Máis

Hora

Novembro 30 (Mércores) 19:30 - Decembro 13 (Martes) 20:30

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

X