COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Andhrea & The Black Cats

26nov22:00Andhrea & The Black CatsCONCERTOS | 8,00€22:00(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

Concerto de Andhrea & The Black Cats o 26 de novembro en La Pecera.

Andhrea & The Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela e desde a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu estilo particular. A banda está composta por Ramón Figueira “Figui” (armónicas), Andhrea Verdú (voz), Benjamín Vázquez (guitarra), Aitor García (Percusión) e Lolo Martínez (Tuba).

O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores máis clásicos e cuxo trasfondo, na maioría dos casos, segue estando na actualidade. No concerto soarán temas de sempre e algún que outro máis novo, pero sen dúbida os sorprenderán con esta formación que recoda á vella Nova Orleans.

Sábado 26 ás 22:00

Máis

Hora

26 novembro, 2022 22:00(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events