REVISTA ABRIL

Andaina do Samaín por Bembrive

31out19:00Andaina do Samaín por BembriveACTIVIDADES DEPORTIVAS19:00(GMT+01:00) Torreiro de Bembrive

Detalles do eventos

A Entidade Local Menor de Bembrive, en colaboración coa ANPA “Bene Vívere” (do CEIP Mosteiro), está organizando a II edición da Andaina do Samaín, prevista para o vindeiro domingo dia 31 de outubro a partir das 19.00 horas, dende a Praza Mosteiro,. O roteiro pasará por Camiño da Igrexa, Pelames, Eifonso, Xeme, Cacheno, Troncais, Colexio Mosteiro, Ferreiras e Garabulla, en Bembrive, con remate no punto de inicio.

Haberá saídas cada 10 minutos, que se asignarán á hora de facer a inscrición. A inscrición realízase entre o 13 e o 28 de outubro no teléfono 615 870 116. O prezo da actividade é de 5 € para maiores de 5 anos e de 3 € para menores desa idade.

Haberá un percorrido infantil, de 1,5 km, para nenos de 3 a 10 anos e outro para adultos, de 3,7 km. Ambos circulares.

É imprescindible levar lanterna e calzado troteiro e pódese ir disfrazado.

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Torreiro de Bembrive

Estrada de Bembrive, 258, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events