REVISTA ABRIL

Festival Terraceo: Amaral

19xul20:30Festival Terraceo: AmaralCONCERTOS | Desde 30,00€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O ano comezou con dous concertos do Salto al Color Tour con entradas esgotadas e unha axenda que tiña máis de 30 concertos masivos por diante, un deles no Parque Castrelos. Pero como a canción Cuando suba la marea di: “pero todo cambió y lo de menos es buscar una forma de entenderlo”.

Co contexto actual aínda non se pode albiscar con certeza o que sucederá nos próximos meses e cando se poderán celebrar eventos masivos con condicións de seguridade óptimas. Eva e Juan non se contentan con simplemente sentarse e esperar e decidiron reorganizar todo, adaptándose ás circunstancias actuais para poder estar coa súa audiencia canto antes. Para iso ofrecerán concertos en diferentes puntos da xeografía nacional, en formato acústico e sen banda. Só Eva e Juan, coas súas guitarras, as súas cancións (as de Salto al Color, e discos anteriores, moitos dos cales xa forman parte da historia da música popular) e a súa coñecida capacidade para emocionar nas actuacións íntimas de reducida capacidade.

E é que Eva e Juan, acostumados a reunir miles de persoas nos seus concertos (70.000 no último en Zaragoza), nunca deixaron de tocar en salas pequenas como as que os viron medrar como banda. Despois duns meses nos que, cada un limitado á súa casa, Eva e Juan estiveron en continuo contacto cos seus seguidores, a través de diferentes concertos en liña e numerosas iniciativas sociais (Día de la Tierra WWF, actuación no hospital emerxencia con Músicos por la salud, colaboración con Médicos sin Fronteras, El Gran Desafío Solidario en beneficio do Comité de Emergencia ou participación en Los Abrazos Prohibidos para o beneficio do CSIC) chegou o momento de tocar de novo en directo, antes un público pequeno, pero sen pantallas polo medio, para sentir de novo o poder incomparable da música en directo.

Máis

Hora

(Domingo) 20:30(GMT+02:00)