COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Algafest

01xuñ10:0009(xuñ 9)10:12AlgafestFESTIVAIS E FEIRAS | Diferentes prezos10:00 - 10:12 (9)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

A escola deportiva de surf, SurfVigo, presenta a segunda edición do Algafest, un evento que durante unha semana celebra a importancia ambiental e culinaria das algas cunha variedade de actividades, desde a súa recolección ata a súa degustación. O festival levaráse a cabo do 1 ao 9 de xuño, ofrecendo unha experiencia única e inmersiva para todos os participantes.

Durante todos os días do festival varios restaurantes da zona de Bouzas ofrecerán petiscos con algas que poderán degustarse por 5,00 € con bebida incluída.

Actividades

Todas as actividades requiren de inscrición previa por email contacto@surfvigo.com ou teléfono +34 698 18 22 87

3 e 4 de xuño de 16:00 a 20:00 Talleres de Algas en Bouzas 55,00 € – Participa na recolección de algas nas praias de Bouzas, seguido de sesións de clasificación e un taller de cociña co chef Beny do restaurante Patouro. Unha oportunidade perfecta para aprender sobre as algas e gozar do seu sabor.

5 de xuño de 17:00 a 20:30 – Snorkel e Recolección – 35,00 € -Recolección de algas facendo snorkel nas praias de Bouzas e Alcabre. Inclúe un petisco e bebida para completar a xornada.

7 de xuño de 17:00 a 20:30 – Recolección, charla e desgustación – 35,00 € – Explora as praias de Bouzas e Alcabre colleitando especímenes mariños e aprendendo a clasificalos. Despois, goza dunha charla sobre as propiedades e usos das algas e participa na elaboración dun «algario». Finaliza a xornada cunha bebida e un petisco de algas.

8 de xuño de 10:00 a 13:00 – (Día Internacional dos Océanos) – Recolección, charla e desgustación – 45,00 €: Celebra este día cun taller completo de algas en Vigo, que inclúe unha demostración culinaria co chef Beny de Patouro e unha charla nutricional pola Dra. Amil Vieitez.

8 de xuño (Día Internacional dos Océanos) – Excursión ás Illas Cíes – 18,00 € – Goza dunha xornada completa cunha viaxe en barco, talleres de algas, e unha visita guiada no Visor Submarino Nautilus e o barco de vapor Hidria Segundo. Un evento en colaboración con Agrupación industrial Náutica Ría de Vigo e Piratas de Nabia.

Máis

Hora

1 xuño, 2024 10:00 - 9 xuño, 2024 10:12(GMT+02:00)