VIALIA
bannerPicnicSesions

Alfonso Medela Trío

07set21:00Alfonso Medela TríoCONCERTOS | 12,00€21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Así como a pintura é unha arte na superficie, a música é unha arte no tempo. Nada hai máis abstracto na arte que a música, nin tan sequera a obra máis abstracta da pintura. Con todo, con toda a súa abstracción inevitable, a música é e será sempre unha fonte inesgotable de pracer. O jazz de Alfonso Medela Trío é música con ritmo, improvisación e moito swing. En concerto, interpretan jazz de forma natural e espontánea con enorme fluidez e en altas velocidades, o que require elevadas doses de concentración e cohesión. O concepto “swing” vén do inglés columpiar. A sensación de abalo que experimentamos cando nos movemos libremente sobre unha randeeira é a mesma que nos produce a música de Alfonso Medela Trío cando xuntos improvisan de forma tan virtuosa e coordinada sobre un estándar de jazz. Prodúcese unha resposta visceral no oínte que lle leva a mover os brazos, as pernas e todo o que lle resta do corpo ao ritmo que marcan os seus tempos. É unha poderosa sensación rítmica que provoca en quen a recibe un efecto instantáneo de liberdade e felicidade. E isto é xusto o que reivindicamos desde Vitruvia nestes tempos tan complicados: a liberdade e a felicidade como a conexión máis directa co optimismo irredutible, algo que, afortunadamente e moito máis do que nos imaxinamos, pode ser extraordinariamente contaxioso. Pasémolo ben, é un dereito e unha obrigación ao mesmo tempo.

Máis

Hora

(Mércores) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events