
Detalles do eventos
Seguindo a dinámica de colaboración con outras institucións, neste caso coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, o museo trae ás súas instalacións esta exposición
Albino Fernández (1921-2021)
Seguindo a dinámica de colaboración con outras institucións, neste caso coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, o museo trae ás súas instalacións esta exposición temporal comisariada por Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, que se concibe como unha homenaxe ao artista Albino Fernández, fillo de galegos emigrados a América, considerado unha figura fundamental do gravado arxentino do século XX.
Nesta mostra poderemos ver gran parte dos gravados deste artista, algúns dos cales están relacionados co mundo do mar.
A mostra poderá visitarse TOTALMENTE GRATIS, do 15 de xullo ao 11 de setembro no horario de apertura habitual do museo
Luns | Pechado |
Martes a Domingo | 11-14 e 16:30-20:30 |
Máis

Xullo 14 (Xoves) 11:00 - Setembro 11 (Domingo) 20:30
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra