REVISTA ABRIL

Acendido de Nadal no CC Gran Vía

24nov18:00Acendido de Nadal no CC Gran VíaAS NOSAS FESTAS | De balde18:00(GMT+01:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O CC Gran Vía arranca a tempada do nadal co acendido das súas luces, o vindeiro xoves 24 de novembro na Planta 0.

Para este momento tan especial contarán coa presenza de integrantes da Asociación Aldeas Infantiles S.O.S de Galicia, ademais de música en directo cun saxofonista que tocará as mellores melodías do Nadal.

A decoración deste ano a compoñen a árbore de 8 metros de altura, máis de 700 metros de luces LED e diferentes elementos decorativos que ambientarán todos os andares do centro comercial.

Tamén recordar que ata o 22 de decembro, está activa a campaña de ‘Cada neno un xoguete’ no centro comercial, impulsada pola Asociación Stop, que se encarga de recoller xoguetes para os máis pequenos. O ano pasado conseguíronse 2.500 doazóns.

Xoves 24 ás 18:00

Acceso libre

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+01:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events