Acendido das luces de Nadal – A Movida

novembro, 2018

24nov21:00Acendido das luces de NadalFESTA | De balde21:00 Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

Unha dúbida percorría a cidade estes días pero xa está esclarecida: salvo sorpresa, o acendido do alumeado do Nadal será este sábado 24 ás 21:00 na Porta do Sol. Así o confirmou o Alcalde varias veces esta semana, deixando claro que o mal tempo non vai botar atrás o gran evento deste Nadal. Un Nadal ben precoz, que este ano comeza a un mes da Noiteboa.

Prevendo a gran afluencia de público, o Concello instalará sete pantallas de gran tamaño para que ninguén se quede sen ver o espectáculo luminoso. Estas pantallas estarán repartidas pola Porta do Sol, Casa das Artes, no Cruce de Colón con Policarpo Sanz, na  Farola de Urzáiz, no cruce de Príncipe con Velázquez Moreno, no de Urzáiz con Lepanto e na rotonda de Rosalía de Castro. Un despliegue nunca visto con anterioridade. Tamén se confirmou que haberá unha zona habilitada, moi preto da árbore, para persoas con discapacidade física.

Como é lóxico, haberá unha serie de medidas especiais no tráfico da cidade. O peche da circulación será progresiva, os cortes de tráfico comezarán ás 16:30 entre Porta do Sol e rúa Reconquista (Teatro García Barbón), para continuar sobre ás 17:00 horas co peche da contorna da Farola e ás 17:30  na Rúa Lepanto. Ás 18:00 horas toda a zona de influencia do alumeado navideño estará cortada, incluídos os aparcamentos de Velázquez Moreno, Policarpo Sanz, Colón e Uruguay, dos que non se poderá saír ata as 22:00 horas.

Máis info neste artigo.

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X