
'ABRAKADABRA' de Caterina Glam
10ago19:00'ABRAKADABRA' de Caterina GlamARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) Galería Maraca
Detalles do eventos
Dispoñible ata o 23 de agosto Catarina Glam (1985) é unha artista visual portuguesa que desenvolve o seu traballo principalmente no mundo da escultura e
Detalles do eventos
Dispoñible ata o 23 de agosto
Catarina Glam (1985) é unha artista visual portuguesa que desenvolve o seu traballo principalmente no mundo da escultura e a instalación en espazos públicos. Neste caso, Glam preséntanos “Abrakadabra”, unha mostra de traballos escultóricos da artista na que veremos varias pezas que nos farán mergullarnos no seu característico mundo de cor e maxia, reflexo do seu interese pola xeometría e a carpintería que lle permiten materializar un universo de personaxes tridimensionales que nos encanta!
Graduada en Deseño e Comunicación pola Facultade de Belas Artes de Lisboa, Catarina Glam dedicouse á arte urbana e ao deseño de personaxes desde moi temperá idade. Tras un percorrido inicial polos universos do grafitti e o papercraft, atopou na pintura mural e na escultura en madeira a posibilidade de facer crecer a escala das súas creacións para que puidesen vivir na rúa, aínda que non esquece unha obra artística máis alcanzable para espazos interiores que lle permitiu expoñer recentemente na Montana Gallery de Barcelona e agora, por primeira vez en Galicia, en Galería Maraca.
Máis
Hora
10 agosto, 2022 19:00(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes