Carreira de San Silvestre
31dec12:00Carreira de San SilvestreACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde12:00(GMT+01:00) Porta do Sol
Detalles do eventos
Unha das citas con máis tradición do Nadal vigués é a carreira de San Silvestre, unha cita deportiva que destaca polo ánimo festivo e non
Detalles do eventos
Unha das citas con máis tradición do Nadal vigués é a carreira de San Silvestre, unha cita deportiva que destaca polo ánimo festivo e non tanto o competivo. O Concello vén de anunciar que, por motivos “técnicos e organizativos”, a carreira muda de horario e pasa a celebrarse ás 12:00 e non ás 17:00, como estaba programada. Este contratempo fará que algunhas persoas anotadas non poidan acudir, e viceversa. Mantense o día, o 31 de decembro, e o punto de saída, a Porta do Sol.
Deixando de lado o horario, haberá nove premios, tres por categoría (nenos e nenas, maiores e grupos) para os mellores disfraces.
O percorrido, de catro quilómetros, é o habitual das últimas edicións, chairo ou en baixada (Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Rosalía, Serafín Avendaño, Areal, Pontevedra, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas del Castillo) ata a pequena dificultade de Mestre Mateo, en subida, para logo correr por Teófilo Llorente; despois, o meirande esforzo subindo a Rúa Real, Méndez Núñez e Rúa Alta, para rematar baixando Elduayen e Porta do Sol.
A recollida de dorsais poderá facerse o luns 30 (todo o día) e o martes 31 (ata as cinco do serán) no centro comercial El Corte Inglés. Haberá tamén recollida de alimentos non perecedoiros, que xestionará o Banco de Alimentos de Vigo.
A inscrición nesta carreira é gratuíta e é posible anotarse ata o 28 de decembro a través desta ligazón.
Máis
Hora
31 decembro, 2024 12:00(GMT+01:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes