CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Abertas as inscricións para a San Silvestre

31dec17:00Abertas as inscricións para a San SilvestreCARREIRAS DEPORTIVAS | De balde17:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

Unha das citas con máis solera do nadal vigués é a carreira de San Silvestre, unha cita deportiva que destaca polo ánimo festivo e non tanto o competivo. De feito haberá nove premios, tres por categoría (nenos e nenas, maiores e grupos) para os mellores disfraces. Como é habitual esta carreira celebrarse o día de Fin de ano, martes 31 de decembro e sairá ás 17:00 h desde a Porta do Sol.

O percorrido, de catro quilómetros, é o habitual das últimas edicións, chairo ou en baixada (Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Rosalía, Serafín Avendaño, Areal, Pontevedra, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas del Castillo) ata a pequena dificultade de Mestre Mateo, en subida, para logo correr por Teófilo Llorente; despois, o meirande esforzo subindo a Rúa Real, Méndez Núñez e Rúa Alta, para rematar baixando Elduayen e Porta do Sol.

A recollida de dorsais poderá facerse o luns 30 (todo o día) e o martes 31 (ata as cinco do serán) no centro comercial El Corte Inglés. Haberá tamén recollida de alimentos non perecedoiros, que xestionará o Banco de Alimentos de Vigo.

A inscrición nesta carreira é gratuíta e é posible anotarse ata o 28 de decembro a través desta ligazón.

Máis

Hora

31 decembro, 2024 17:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events