Abe Rábade

06out21:00Abe RábadeCONCERTOS | 12,00€21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

A música de Abe Rábade involucra a tantas emocións que nos confirma que estamos #ante un artista altamente sensible e dunha creatividade desbordante. Cando nun concerto as emocións son tan intensas, o intérprete demostra #ante o seu público unha empatía fóra do común. Os que xa formamos parte do devandito público nalgunhas ocasións, podémolo corroborar sen esaxeración algunha. Que sorte sentar ao piano e que a inspiración veña soa! Explicar unha peza ao oínte antes de interpretala e conectar ao instante, cando se pulsa a primeira tecla do piano, coas emocións e a máxima expresividade e reescribir sobre a marcha esa obra que tanto coñeces atopando novas formas de frasear con matices máis sutís e un son tan concentrado significa que posúes o marabilloso don da sensibilidade.

A sensibilidade e os sentimentos van unidos e unha alta sensibilidade musical revélanos que na túa cabeza hai sentimentos máis profundos e intensos. Para o que fai de público nesta historia, só significa pracer, puro pracer.

O xoves 06 de outubro ás 21:00 horas, Abe Rábade iniciará en Vitruvia, unha vez máis, unha viaxe musical pola súa obra e pola doutros. Nós, como público, soamente temos que estar, sentarnos, pechar os ollos e escoitar.

A música do brasileiro Antonio Carlos Jobim acompaña este texto. É un dos seus compositores preferidos, tamén o é para nós e a súa foto está nas paredes de Vitruvia todos os días de todos os meses de todos os anos. A peza que interpreta ao piano titúlase Zíngaro e foi composta por Jobim en 1965, un ano que cada outubro une a Abe Rábade con Vitruvia por razóns que só o seu agarimo ao noso espazo fan posible. E son razóns que só o corazón de Abe e o corazón de Vitruvia comparten, pero que, coa súa música e a súa sensibilidade, queremos compartir con todos.

Entradas: 12€; 6€ sitios con pouca visibilidade.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events