Aaron Rux & The Crying Cowboys

19set22:30Aaron Rux & The Crying CowboysCONCERTOS | Desde 4,00 €22:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

A banda fronteiriza residente en Madrid, Aaron Rux & The Crying Cowboys, faranos vibrar co seu directo en catro concertos, grazas ás axudas de Girando Por Salas, e cabalgarán pola sala o la Pecera de Vigo, Cotton Club de Bilbao, L’ Oncle Jack de L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona) e ZZ Pub de Málaga.

Desde a súa chegada a España a comezos desta década, Aaron Rux ( Spokane, Washington, EEUU) converteuse nun dos axitadores culturais máis interesantes deste país. Empezou cun grupo de folk orquestral chamado Akrobats. Un proxecto co que compuxo as bandas sonoras dalgunhas das películas da directora Beatriz Sanchís. Froito desta colaboración, accedeu ao circuíto de festivais de cinema, como a Berlinale ou o Festival de cinema de Málaga. Neste último, fíxose coa biznaga de prata á mellor banda sonora pola película Todos Están Mortos. Paralelamente, Rux coñece a Julián Génisson e Lorena Iglesías e xuntos crean o colectivo humorístico Canódromo Abandonado, adquirindo rapidamente un status de culto dentro da escena artística madrileña. Eles foron os responsables da primeira Brucesplotation española coa súa película La tumba de Bruce Lee (2013).

Recentemente, algúns recoñecen a Rux como o americano que acompaña a Joe Crepúsculo nos seus directos, e que compuxo a balada Rosas en el mar incluída no álbum Disco Duro de Joe Crepúsculo. Unha colaboración que comezou en 2016 e que continúa ata o de agora. Tamén conseguiu recoñecemento coa composición da banda sonora da serie Vergüenza de Movistar + de Juan Cavestany e Álvaro Fernández Armeiro, achegándolle un particular sabor afro-funk en clave lounge á serie. Aaron Rux é un artista que traballa nos marxes pero que consegue coar o seu persoal e subversivo universo estético dentro do mainstream dun modo natural.

En 2016 publica Pacific Princess (2016, El Volcán Música), o seu primeiro disco en solitario concibido como unha viaxe en barco á tardiña. Con toques de lounge, bossa nova e bandas sonoras italianas dos anos 70, a produción mestura elementos electrónicos con instrumentos orgánicos, como unha proposta de música de happy hour actualizada.

Dous anos despois da publicación do seu debut conceptual en alta mar, Aaron Rux deixa o timón do cruceiro para xuntarse cos crying cowboys, uns crooners nómadas que cabalgan as borracherias e as resacas do amor nun paisaxe no deserto para o seu segundo álbum Crying cowboys (2019, El Volcán Música). Grabado a cabalo entre Madrid e Spokane (WA), Crying Cowboys é unha reflexión sobre o amor e a soidade. Para a ocasión, Rux montou unha banda composta por músicos da nova xeración da escena musical independente de Madrid. Os crying cowboys son Juan Serra (Club del Río), Lete Moreno (Angel Stanich), Juan Torán (Time for T, Club del Río) e Joshua Taylor (Time for T).

Sábado, 19 de septiembre  – VIGO – Sala La Pecera
Apertura de portas 22:30h
Prezo da entrada: 4€ anticipada + gg / 6€ en taquilla
Venta anticipada on-line: https://www.wegow.com/es-es/conciertos/aaron-rux-and-the-crying-cowboys-en-vigo-la-pecera-gps10

Máis

Hora

(Sábado) 22:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events