VIALIA
Encordass Fiddle Fest

'A Xeración Triunfante no Deseño Galego' por Pepe Baro

27xuñ20:00'A Xeración Triunfante no Deseño Galego' por Pepe BaroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) RioLagares

Detalles do eventos

Entre 1915 e 1936, tres deseñadores galegos emigrados a Madrid acadan a máis alta consideración profesional como debuxantes-ilustradores, como deseñadores diríamos hoxe. O seu medio é novo: son as revistas ilustradas, as capas de libros de quiosque, os cartaces e aínda a banda deseñada e mesmo o cinema de animación. Os seus nomes Máximo Ramos (1880-1944), Manuel Bujados (1889-1954), Federico Ribas (1890-1952). O deseñador galego Pepe Barro, dará unha palestra sobre estes autores.

Pepe Barro

Pepe Barro (Xosé María Pérez Barro, Pontedeume, 1955) é un deseñador ao que lle gusta tocar todos os xéneros e mesmo mesturar uns cos outros. En máis de cincuenta anos de actividade profesional, o conxunto do seu traballo pode entenderse como unha lectura da Galicia que renova os seus sinais de identidade, incorporando as linguaxes do deseño internacional.

Como profesional independiente, asociado en Grupo Revisión ou desde 2013 en Barro Deseño, realiza algúns dos seus traballos máis coñecidos como a identidade gráfica da Universidade da Coruña, os primeros “cuponazos” da Once, a identidade gráfica de Turgalicia, a camiseta da Selección Galega de Fútbol (2005), a identidade e a web de la Real Academia Galega, o proxecto museolóxico e museográfico da Casa de Rosalía de Castro; a identidade corporativa de Denodo, a empresa de big data; a identidade da Culturgal (2017 2022); os viños Terra de Asorei ou a caixa de ovos do Pazo de Vilane (1997). No campo do deseño editorial cómpre salientar o deseño do semanario A Nosa Terra (1977-1979), o Diario de Galicia (1988) ou diario Nós co seu suplemento Sermos Galiza (2020).

Entre outras exposicións deseñou a do centenario da Real Academia Galega, Galicia, a forza da palabra (2006); Centenario de Curros Enríquez Na frente unha estrela (2008), Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013); Casa-Museo Manuel Antonio (2011); Ex-Libris Gallaeciae (2011), exposición inaugural da Cidade da Cultura de Galicia; En 2016 deseña as exposicións Con-fío en Galicia na Cidade da Cultura; Galicia 100, obxectos para contar unha cultura; Saúde e Terra, irmáns!, centenario das Irmandades da Fala; a renovación museolóxica e museográfica da Casa de Rosalía (2017); o Museo Ramón Cabanillas (2021) ou a exposición itinerante, a ceo aberto, A Casa de Galicia, que dirixe e deseña para a Fundación Rosalía de Castro.

Varias exposicións mostraron os seus traballos, a última: A cociña de Barro, os cadernos de deseño, na Fundación DIDAC de Compostela, de setembro de 2023 a xaneiro de 2024.

Desde o ano 1995 publica regularmente artigos sobre deseño, especialmente sobre historia do deseño galego.

En 2018 Edicións Xerais publicou o seu libro Máis que ver, cen historias sobre o deseño na Galiza.

O libro Mis queridos diseñadores de Enric Satué dedícalle un capítulo (Alianza Editorial, Madrid, 2016).

Máis

Hora

27 xuño, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares

67PC+2F Vigo

Other Events