
Festa de fin de curso no Taller de Arte Mingos Teixeira
Detalles do eventos
Esta fin de semana ten lugar a festa de fin de curso no Taller de Arte Mingos Teixeira, que conta con exposición de obras infantís
Detalles do eventos
Esta fin de semana ten lugar a festa de fin de curso no Taller de Arte Mingos Teixeira, que conta con exposición de obras infantís e de adultos, concurso de pintura, venda de obras, xogos, charanga Excombro e sesión vermú. A celebración repártese entre o sábado 29 de 17:00 a 19:00 e o domingo 30 de 12:30 a 14:30.
Sobre o Taller de Arte Mingos Teixeira
O equipo docente deste taller artístico con tres décadas de historia está formado por tres membros da familia Teixeira: o fundador Mingos, Susana e Juan. Cada un deles está especializado nunha disciplina, facendo respectivamente da pintura, do debuxo e da fotografía o piar triangular dun proxecto que pretende «democratizar a arte e abrila para toda a sociedade».
Nesta escola non existen probas de acceso imposibles nin se esixen coñecementos previos para poder gozar dos diferentes cursos e actividades que aquí se realizan. O alumnado pon as ganas e as ferramentas, namentres que o profesorado fai o propio coas técnicas e as pautas para que cada persoa proxecte o potencial que leva dentro con total liberdade. O mantra deste obradoiro é que somos seres humanos porque podemos crear arte, pola sensibilidade que nos diferencia doutras especies animais.
Os Teixeira están tan seguros de que a creatividade é necesaria e útil en cada ámbito da vida, que van máis aló de ofrecer actividades formativas para rapaces e adultos (en grupos reducidos e mesturando idades para enriquecer o grupo). Ademais, impártense cursos para potenciar a creatividade no eido empresarial e organízanse saídas grupais a exposicións e outras actividades culturais na cidade.
Deste xeito, como complemento á oferta formativa anual, de luns a venres e de setembro a xuño durante todas as tardes, realízanse cursos especializados, campamentos de verán… Non hai escusa para non sacar a relucir a vertente máis artística que teñamos!
Avenida da Florida, 32, baixo | 986 20 49 48 | tallerdeartemingosteixeira@gmail.com | arteixeira.com/taller
Máis
Hora
30 xuño, 2024 12:30 - 14:30(GMT+01:00)
Localización
Taller de arte Mingos Teixeira
Av. da Florida, 32, Coia, 36210 Vigo, Pontevedra