COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

“A VIAXE DA MIÑA VIDA”

07set(set 7)09:0027(set 27)14:00“A VIAXE DA MIÑA VIDA”ARTE E MUSEOS | De balde09:00 - 14:00 (27)(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A técnica da pintura ao pastel foi a elixida por nove membros do grupo de Habilidades Adaptativas da Asociación Down Vigo para realizar a segunda parte da mostra “A viaxe da miña vida”, que poderá verse dende este próximo mércores 7 de setembro na Sala Rosalía da sede de Vigo da Deputación e onde permanecerá exposta ata o día 27. Na exposición, Arancha, Antonio, Lola, Lucía, Manuela, Marcelo, Mercedes, Noe e Silvia son as e os artistas que expresan os seus sentimentos, anhelos e recordos a través dunha serie de láminas que chamarán a atención da cidadanía que visite a sede provincial na cidade. A mostra comezou como un proxecto da asociación para aflorar a creatividade das súas autoras/es. A idea era que en cada peza amosaran unha vivencia mediante a combinación de cores e sombras e a disposición de elementos ente os que destacan aqueles relacionados coa natureza como atardeceres, árbores ou animais. Para levar a cabo esta tarefa valéronse tamén da técnica da pintura ao pastel, coa aplicación directa das cores sobre a superficie sen empregar ningún tipo de disolvente. Deste xeito, conseguiron sacar á luz ás súas vivencias no que foi para elas e eles toda unha viaxe emocional. A primeira parte desta mostra xa visitou a sede da Deputación en Vigo en xaneiro do 2021. Nela expuxéronse oito tapices de “patchwork”, unha técnica que consiste na unión de tecidos, que tamén tiña como finalidade a expresión dos sentimentos das e dos seus creadores. Con accións coma estas exposicións a Asociación Down Vigo, que na actualidade presta os seus servizos a máis de 200 persoas, busca a  plena integración e a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e diversidade intelectual.

Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00

Máis

Hora

7 setembro, 2022 09:00 - 27 setembro, 2022 14:00(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events