REVISTA ABRIL

'A timidez das copas'

18mar20:00'A timidez das copas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro

Detalles do eventos

O vindeiro venres 18 de marzo ás 20:00h a autora Ruth Oliveira, presentará o seu poemario ‘A timidez das copas’ na libraría Librouro.

O poemario de Ruth Oliveira, no que a súa poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza… A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Na natureza a timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun alleamento das follas altas das árbores para non tocar coas das copas das outras e así facilitar a fotosíntese.
O acto contará coa introdución do recoñecido escritor e poeta Antonio García Teijeiro e a entrada ao mesmo é libre e gratuita ata completar aforo. Logo da presentación haberá recital e sinaturas.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events