VIALIA
bannerPicnicSesions

A tempestade

04dec19:00A tempestadeESPECTÁCULOS | 5,00€19:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O 4 de decembro volta o teatro a Sala Rebullón, desta vez coa compañía Non si? Teatro, que trae a súa versión da famosa obra de William Shakespeare ‘A tempestade’.

SINOPSE
Próspera, antiga duquesa de Milán, planea vingarse do seu irmán Antonio, quen conspirou para expulsala do ducado e ocupar o seu lugar. Próspera e a súa filla Miranda son abandonadas nun bote vello e chegan a unha illa na que viven durante doce anos. Próspera aproveita para, cos seus coñecementos de maxia e coa axuda do espírito Ariel, argallar unha vinganza que vai facer que a embarcación na que viaxan o seu irmán Antonio, a raíña Adriana, xunto coa súa irmá Sabina e o seu fillo Fernando, sexa sorprendida por unha tormenta que vai facer que naufraguen na illa e propicie o encontro entre Próspera e Antonio. Para executar o seu plan,

Próspera válese da axuda de Ariel a quen lle prometeu a liberdade a cambio de colaborar no seu proxecto. A traizón, a vinganza, a crueldade, as conspiracións, a ansia de poder, son algúns dos temas da obra. Sen embargo, Shakespeare

deixaa unha porta aberta á esperanza, á reconciliación, ao perdón e ao amor. Convidámosvos a soñar porque «Estamos feitas e feitos da mesma materia que os soños e a nosa pequena vida péchase como un soño«. E, non é o teatro unha ilusión que nos permite soñar?

NON SI? TEATRO
En novembro de 2006 Mónica Sueiro crea a Aula de Teatro de Baiona, que durante dous anos pertence á Escola Municipal de Música de Baiona. Do curso de Interpretación nace Non si? Teatro para que o alumnado traballe e represente unha obra na que poida mostrar o que aprende ao longo do curso. En 2008 comeza a súa nova andaina no auditorio V Centenario, en colaboración coa Concellaría de Cultura de Baiona, dende entón hai dous niveis:
1º. Iniciación
2º. Non Si? Teatro (Avanzado).

O obradoiro de Iniciación vai dirixido a todas aquelas persoas que ademáis de estar interesadas no teatro, tamén queren mellorar e aprender técnicas para avanzar na súa vida persoal e laboral. O que chamariamos “Teatro para a vida”. Non Si? Teatro é o grupo avanzado de interpretación, no que cada ano se traballan técnicas de creación escénica enfocadas a unha determinada montaxe teatral.

Domingo 4 ás 19:00

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events