Este é un evento repetitivo

A que non podes dicir cocacola?

18set21:00A que non podes dicir cocacola?ESPECTÁCULOS | 9,00€21:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

“No 2011 estreaba A que non podes dicir cocacola?, unha peza arredor da capacidade de adaptación á violencia imperante.
Agora, no 2020 , establezo un diálogo co traballo anterior co propósito da creación desta nova peza que atende á evolución social, así como ao meu propio cambio, vital e teatral – non pode ir separado –  e que dá como resultado A que non podes dicir cocacola? (II); outra vez unha confrontación coa violencia e a capacidade de evasión que desemboca – con maior ou menor consciencia – na indiferenza. 

A que non podes dicir cocacola? (II) é unha loita inútil e precisa, un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar, unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais, un querer e un poder, un frasco de perfume que non recende, un atentado contra a asepsia.
Algo así é… 
Algo así….”

Máis