REVISTA ABRIL

A NOSA PEL QUERE SER VOZ

25nov12:0019:00A NOSA PEL QUERE SER VOZACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00 - 19:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Este venres 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, A Morada Cooperativa propón unha acción de rúa á que convidan á cidadanía a participar!

A partir das 12:00, realizarase unha instalación artística e reivindicativa na Rúa Enrique X. Macías (diante do local de A Morada), onde se colocarán uns maniquíes sobre os que as persoas que o desexen irán colocando papeis con mensaxes escritas ou debuxadas contando experiencias de violencias machistas vivenciadas. Estes papeis irán cubrindo as figuras como unha vestimenta, unha pel.

Nos nosos corpos van gravándose pequenas ou grandes agresións. Quedan as cicatrices, algunhas invisíbeis pero que proen, que doen, que van marcándonos. A nosa pel quere ser voz, queremos falar das nosas feridas, queremos compartilas para recoñecernos nas outras e así poder sanalas. Aquí estamos, decididas a ser escoitadas.

Esta acción quere poñer o foco nas violencias cotiás moitas veces invisibilizadas que sufrimos as mulleres. Haberá mesas de diálogo onde poder intercambiar, debater, reivindicar, compartir e crear un espazo de reflexión colectiva.

Venres 25 de 12:00 a 19:00

Máis

Hora

(Venres) 12:00 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events