
Detalles do eventos
‘A muller da miña vida‘ mostra que así é a vida: como a lembramos. E a memoria é pulsante, nunca é a mesma. A experiencia que asolaga ao
A muller da miña vida
‘A muller da miña vida‘ mostra que así é a vida: como a lembramos. E a memoria é pulsante, nunca é a mesma. A experiencia que asolaga ao individuo colectivo arraigado no lugar común, no grupo pequeno, nun espazo construído, desde a pequena casa, a casa de pequenos, ata a cidade e esa quimera nova, tan necesaria, do territorio extenso pero definido do planeta. Necesitamos as palabras, que son biombos dun teatro de sombras. A memoria recorre á orde, recorre á fotografía, recorre á individualidade; descríbese con palabras… Pero nada pode deter o tempo nin a pluralidade. O rumbo humano é un improbable Tarzán da xungla que impón orde no caos e quietude no pulso, aínda que iso si que é inequivocamente a clave imprescindible da vida emocional, a única vida practicable para nós.
Desde o mércores 8 de marzo ao 28 de abril, na Sede de la Deputación en Vigo. Horario de apertura, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
Máis

Marzo 9 (Xoves) 09:00 - Abril 28 (Venres) 14:00
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra