REVISTA ABRIL

'A incrible historia do galego Cristovo Colón' de Rodrigo Costoya

07nov12:30'A incrible historia do galego Cristovo Colón' de Rodrigo CostoyaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:30(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O escritor e divulgador Rodrigo Costoya impartirá unha charla expoñendo as duas teorías sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón nas que se basea a súa novela “Portosanto”, que xa vai pola terceira edición en galego. 

Entre as persoas asistentes sortearanse cinco exemplares da novela na que diversos capítulos clave transcurren na vila de Pontevedra. 

O autor compostelán acaba de gañar un importante premio literario a nivel estatal coa segunda novela da triloxía que comezou con “Portosanto” e que ten como eixe central diversos acontecementos do século XV en Galicia. O xurado do IX Certame Internacional de novela histórica Cidade de Úbeda dotado con 10.000 euros declarou a obra de Rodrigo Costoya “El custodio de los libros” gañadora entre as 68 novelas presentadas. 

Este lunes 2 de novembro chegou as librarías de toda España, ainda que o premio será entregado o día 14 deste mes.

A charla que se impartirá este sábado foi presentada no Culturgal de 2019 e repasa durante uns 45 minutos unha serie de probas dificilmente irrefutables postas todas en relación sobre a teoría de Cristóbal Colón e Pedro Madruga, con cambio de identidade por intereses incluido. Ao final da presentación o público poderá realizar preguntas.

A actividade é de acceso libre ata completar aforo.

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events