Concerto sorpresa d'A Clásica polo seu 40 aniversario
Detalles do eventos
O día 8 de xuño A Orquestra Clásica de Vigo (a OCV ou “A Clásica”), un proxecto que naceu da man do seu director artístico
Detalles do eventos
O día 8 de xuño A Orquestra Clásica de Vigo (a OCV ou “A Clásica”), un proxecto que naceu da man do seu director artístico Manuel Martínez Álvarez-Nava hai 40 anos nos escenarios e celébrao como merece, cunha festa sorpresa. Serán, en verdade, 12 meses de celebracións que comezan cun CONCERTO SORPRESA que se celebrará o mesmo sábado día 8 na Concatedral de Santa María de Vigo ás 21.30h. A entrada será de balde previa reserva.
Dado que é unha sorpresa, o público non coñecerá máis detalles sobre o concerto. Só se asegura que será todo o especial e inesquecible que a ocasión merece. A decana das orquestras de Galicia pon á disposición do público a opción de colaborar no mantemento da súa actividade habitual e coa organización deste concerto en particular na plataforma de reserva de entradas.
Máis
Hora
8 xuño, 2024 21:30(GMT+01:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes