REVISTA ABRIL

A Clásica + Cintaadhesiva

09abr20:00A Clásica + CintaadhesivaCONCERTO | Desde 13,00€20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O vindeiro sábado 9 de abril o Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle ás 20 horas unha nova cita coa temporada Correspondencias da Clásica. Desta vez, a orquestra conta de novo coa colaboración do grupo vigués Cintaadhesiva para ofrecer ao público un Retrato musical.

Retrato musical preséntase como unha continuación da anterior cita mozartiana celebrada en marzo. Así, este novo concerto revisa a trascendencia do compositor desde a óptica da poesía actual galega e do audiovisual. A finalidade é contrastar dúas lecturas actuais sobre Mozart, reivindicando a vixencia da súa música.

A orquestra, baixo a dirección de Manuel Martínez Álvarez-Nava, compartirá escenario cos compoñentes da agrupación poético-musical Cintaadhesiva, Silvia Penas (recitado e textos poéticos) e Jesús Andrés Tejada (audiovisual), para crear unha proposta única que toma como base a ópera Così fan tutte.

A creación, inédita realizada pola poeta Silvia Penas, conxuga a música clásica, a creación audiovisual e a expresión poética dun xeito cru e sorprendente. Na temática xira arredor de catro retratos de catro mulleres con nomes concretos e apelidos de xerundios: Rosa Cavando, Emilia Chorando, María Esperando e Gabriela Tremendo. Catro mulleres que accionan unha fotografía que resume cadansúa historia. A obra responde á necesidade de sermos as protagonistas das nosas vidas e volver narralas para resignificalas.

O obxectivo de Correspondencias é “plasmar a diversidade que pode ofrecer unha orquestra coma a nosa e conectar co público, propoñendo escoitas sempre actuais e vixentes sobre o noso diverso pasado musical”, explica Manuel Martínez, director técnico da Clásica.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events