A cero 5

14abr20:10A cero 5ACTIVIDADES PARA O COCO | 6,50 €20:10(GMT+02:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

O venres 14 terá lugar a presentación da película ‘A cero 5’ nos Multicines Norte de Vigo ás 20:10 h. O evento vai acompañado dunha charla coloquio coa presencia do Director Gonzalo Suárez Garayo, quen tardou 11 anos en rodar o filme.

Gonzalo Suárez Garayo quería ser director de cine. En novembro de 2006 a súa vida párase, pois un accidente de coche fai que teña que vivir o resto da súa vida en cadeira de rodas. E comeza a historia da súa longametraxe. Empeza a practicar baloncesto en cadeira de rodas para non estar só, para seguir a súa rehabilitación que o Estado dá por acabada, e para que a súa película avance. No famoso club vigués de baloncesto en cadeira de rodas Amfiv, atopa a espectacularidade dos choques entre as cadeiras, as aparatosas caídas, as acaloradas protestas, o cheiro da goma queimada, a velocidade, a dureza, o estalido das rodas, a enorme competitividade e o compañeirismo.

Máis

Hora

(Venres) 20:10(GMT+02:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events