
07mai(mai 7)11:00A BrincadeiraAS NOSAS FESTAS | De balde11:00 Alameda de Bouzas
Detalles do eventos
A Festa da Brincadeira de Bouzas chega a súa XVII edición organizada pola Asociación Amigos da Historia de Bouzas. A festa terá lugar o 7 e 8 de
A Brincadeira
A Festa da Brincadeira de Bouzas chega a súa XVII edición organizada pola Asociación Amigos da Historia de Bouzas. A festa terá lugar o 7 e 8 de maio e contará con 120 postos de comida e artesanía que estarán abertos a partir das 11 da mañá e que se complementan con representacións dos diferentes gremios tradicionais e obradoiros de cerámica e música durante as dúas xornadas.
A romaría urbana contará coa banda sonora de diferentes grupos de música tradicional, entre eles Airiños de Pontecaldelas e Son do Verdugo e o concerto de A Roda, un grupo de folk nado no barrio de Teis en 1976, recoñecidos cona Medalla de Castelao e intérpretes de grandes clásicos propios e recollidos da tradición galega, como “Pousa, pousa”, “O andar miudiño” e a “Foliada do Celta”.
A representación da expulsión dos franceses será na zona da pérgola o sábado ás 18h ao cago da Asociación Cultural Catro Ventos e o domingo ás 13h a cargo da compañía Porta Aberta.
O domingo actuará o grupo A Roda ás 20h
Máis

7 (Sábado) 11:00
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra