
8 pés: Alize Mendizabal
24nov21:008 pés: Alize MendizabalCONCERTOS | De balde21:00(GMT+01:00) Concatedral de Santa María
Detalles do eventos
A Clásica celebra a segunda edición do festival de órgano 8 pés. A Concatedral de Santa María de Vigo acollerá a cita do 23 ao 26 de novembro
Detalles do eventos
A Clásica celebra a segunda edición do festival de órgano 8 pés. A Concatedral de Santa María de Vigo acollerá a cita do 23 ao 26 de novembro ás 21:00h, semana na que se celebra Santa Icía, patroa de músicos e músicas. Esta edición volverá incluír visitas guiadas ao órgano da Concatedral e concentrará en Vigo a un grupo de artistas excepcionais de proxección internacional.
O xoves 24 será a quenda da organista Alize Mendizabal. A donostiarra presentará un programa pensado para poñer en valor as corais e o traballo dos organistas para improvisar e compoñer arranxos sobre estas melodías.
PROGRAMACIÓN
- Mércores 23:Franck + Torres, Aula de órgano do Conservatorio de Ourense
- Xoves 24: Alize Mendizabal
- Venres 25: Fausto, Juan de la Rubia
- Sábado 26: Daniel Oyarzabal coa Orquesta Clásica de Vigo
- Visitas guiadas ao Órgano Alberdi da Concatedral: 23, 24 e 25 ás 17:00h e 17:30h (15 pax por pase)
- Visita aos órganos de Tui e Vigo: 26 ás 10:00h (30 pax)
Os concertos e visitas ao órgano da Concatedral son de balde, previa retirada de convite na plataforma Enterticket. A única actividade de pago é a visita aos órganos de Tui e Vigo e custa 15 euros (transporte incluído), tamén dispoñible nesta plataforma.
Máis
Hora
24 novembro, 2022 21:00(GMT+01:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes