700 camisetas contra a leucemia

05xuñ09:00700 camisetas contra a leucemia09:00(GMT+02:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

Máis de 500 persoas, camiñantes corredores e membros de DISCAMINO e RODANDO, inscribíronse xa para camiñar pola vida na 13a Marcha Solidaria «700 camisetas contra a leucemia», cuxo prazo de inscrición finaliza o vindeiro luns 30 de maio. Nesta edición a marcha celebrarase o vindeiro domingo 5 de xuño, coa intención, un ano máis, de sensibilizar e informar á sociedade sobre a importancia da doazón de medula ósea e de sangue do cordón umbilical. As persoas interesadas en participar poden rexistrarse a través da páxina da asociación FRANGIL contra a leucemia www.asociacionfrangil.org A saída será ás 09:00 h desde o Centro Comercial A Laxe de Vigo para os camiñantes e ás 10:00 para corredores e membros do DISCAMINO, que un ano máis participarán nesta experiencia solidaria que percorre 36 quilómetros desde a cidade olívica ata o seu destino final na pontevedresa praza da Peregrina.

Máis

Hora

(Domingo) 09:00(GMT+02:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events