REVISTA ABRIL

Festival de Danza Moderna

03xuñ19:00Festival de Danza ModernaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) CCR Cabral

Detalles do eventos

O vindeiro sábado dará comezo unha nova edición do Festival de Danza Moderna, un ciclo que xa leva uns anos promovendo a entidade sen ánimo de lucro Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Vigo Centro. Unha oportunidade de expoñer novos estilos de danza nos centros culturais da cidade e impulsar este tipo de actividades que se fomentan entre as actividades destas asociacións. A base do evento consiste en que os diferentes grupos retroaliméntense entre eles e poidan interactuar nun mesmo escenario. Así, faise un intercambio entre centros culturais no que, en cada data, actuará o grupo pertencente á correspondente entidade xunto con outros. A edición do ano pasado supuxo a volta á normalidade e gozou dunha asistencia dun bo número de espectadores. A intención da organización para este ano é “que se acolla co mesmo entusiasmo ca o ano pasado e poder mellorar eses datos”. Malia que tamén son “conscientes de que a oferta cultural multiplicouse trala pandemia”. Tódalas actuacións son de balde e comezan ás 19:00h. Esta é a programación das súas dúas primeiras datas. Pronto confirmarase a terceira e última:

03 de xuño – C.C.R. de Cabral
O Fiadeiro
En Danza A.V.C.D. de Cabral
Flashdance

10 de xuño – C.S.C.R. de Beade
Traspés
Matamá
Beade

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

CCR Cabral

Rúa da Becerreira, 145, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events