
27abr19:30Presentación de "A muller xabaril"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Librouro
Detalles do eventos
O xoves 27 ás 19:30 h presentación da novela “A muller xabaril” recén publicada por Edicións Xerais. Trátase da primeira novela para adultos desta recoñecidísima autora
Presentación de "A muller xabaril"
O xoves 27 ás 19:30 h presentación da novela “A muller xabaril” recén publicada por Edicións Xerais.
Trátase da primeira novela para adultos desta recoñecidísima autora galega na que nos convida a introducirnos nunha amarga e conmovedora historia da descomposición da moza protagonista e que afonda nas miserias humanas e segredos familiares no marco da revolta política da primeira metade do século XX.
O acto contará coa intervención da autora, Fina Casalderrey, que contará coa introdución do profesor e académico da RAG Xesús Alonso Montero e máis o Director de Xerais Fran Alonso. Haberá tamén actuación musical e tras a presentación haberá o correspondente coloquio e sinaturas.
Máis

(Xoves) 19:30
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra