REVISTA ABRIL

Festival Sonora: dani + Ortiga

13abr17:30Festival Sonora: dani + OrtigaCONCERTOS | De balde17:30(GMT+02:00) Teatro Cidade Universitaria

Detalles do eventos

Sonora é o festival das novas músicas na Universidade de Vigo

O ciclo Sonora ten lugar coa chegada da primavera para gozar do pracer de ver e escoitar os sons que fan falar ás nosas emocións. Sonora pretende achegar ata o corazón da comunidade universitaria as linguaxes máis actuais e contemporáneos da música popular en calquera das súas manifestacións. Este proxecto musical, aberto e gratuíto, define unha universidade implicada na difusión das artes e a cultura.

Desde o seu nacemento en 2005, o festival Sonora chea cada ano o Teatro Vidal Bolaño da cidade universitaria a ritmo de novas propostas musicais. En Sonora mesturáronse diferentes estilos ao longo das súas edicións. Acolleu no seu escenario a artistas emerxentes e consolidados, por exemplo na edición 2018 Malandrómeda coa súa fusión, música electrónica e hip-hop, e os zaragozanos Os Bengala.

Durante estes anos protagonizaron a edición primavera do festival Sonora artistas de renovación da música urbana como Dj Royce Rolo ou Agorazein, o proxecto de hip-hop que ten como artífices a C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace. Tamén estiveron no escenario ao longo destas edicións bandas como Triángulo de Amor Bizarro e referencias da nova música galega como Caxade.

A música de Ortiga e Dani protagonizará o festival Sonora ‘2.3 organizado polo Vicerreitorado de Extensión Universitaria. A viguesa Dani, Daniela Díaz Costas, exalumna de Publicidade da Universidade de Vigo, presentará, a partir das 17.30 h, o seu novo disco Posdata, despois do seu debut o ano pasado con Vinte.

Pola súa banda, Ortiga levará ao Vidal Bolaño os seus sons frescos e bailables, combinando o espírito das verbenas cos ritmos latinos, fusionando cumbia, merengue, bachata e autotune. Manuel González, Chicho, interpretará temas dos seus traballos discográficos Chico & as súas chichas e Sabes o camiño que elixín.

O 13 de abril a partir das 17:30h no Teatro Vidal Bolaño (CUVI). A entrada é libre ata completar o aforo da sala.

Máis

Hora

(Xoves) 17:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Cidade Universitaria

Campus Universitario, Plaza Miralles, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events