SEMANA CULTURAL PESQUEIRA: UNHA OLLADA SALGADA NO CAMIÑO

12set(set 12)18:00SEMANA CULTURAL PESQUEIRA: UNHA OLLADA SALGADA NO CAMIÑOACTIVIDADES PARA O COCO | 18:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

A Semana Cultural Pesqueira no Camiño é un proxecto, organizada pola Fundación FUNDAMAR, ten por obxectivo dinamizar, valorar e difundir as diferentes actividades turísticas vinculadas co patrimonio marítimo e pesqueiro.

Desde o luns 12 ata o domingo 18 de setembro, onde tanto peregrinos/as como a poboación local, poderán disfrutar dun total de 32 actividades gratuítas en distintas localidades do Camiño de Santiago polo litoral, entre as que destacan os obradoiros de marisqueo en Redondela, Cambados e Carril; actividades de navegación en embarcacións tradicionais en Baiona, Vigo e A Illa de Arousa, visitas guiadas a diferentes museos e centros de interpretación, e actividades do programa Vigo Pesqueiro de FUNDAMAR.

As actividades son gratuótas e é preciso inscribirse a través do formulario na web do programa.

Actividades en Vigo:

Martes 13

17:30 a 20:00 h: NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. ASOCIACIÓN DE MARIÑEIROS DE BOUZAS (Vigo)

18:00 a 19:30 h: RUTA GUIADA “DO PORTO ACTUAL AO PORTO DE ORIXE”. VIGO PESQUEIRO (Vigo)

Mércores 14

18:00 a 19:30 h: RUTA GUIADA “DO PORTO ACTUAL AO PORTO DE ORIXE”. VIGO PESQUEIRO (Vigo)

Xoves 15

17:30 a 20:00 h: NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. ASOCIACIÓN MARIÑEIROS DE BOUZAS (Vigo)

18:00 a 19:30 h: RUTA GUIADA “DO PORTO ACTUAL AO PORTO DE ORIXE”. VIGO PESQUEIRO (Vigo)

Sábado 17

17:00 a 18:00 h: VISITA GUIADA MUSEO DO MAR DE GALICIA (Vigo)

Domingo 18

17:00 a 18:00 h: VISITA GUIADA MUSEO DO MAR DE GALICIA (Vigo)

Programa completo:

Máis

Hora

12 (Luns) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events