COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

O barco na rotonda. A historia de Diego

23ago20:00O barco na rotonda. A historia de DiegoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Parroquia Cristo da Victoria

Detalles do eventos

Proxección da curta “O barco na rotonda. A historia de Diego” e faladoiro.

Van facer 8 anos do 4 de decembro de 2014. Esa mañá un grupo de veciños e veciñas interrumpiron as obras que o concello de Vigo acometía na rotonda de Castelao. Querían manifestar a súa oposición á instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia.

Aconteceron unha chea sucesos neses meses que o director manchego Óliver Garvín recolle na curtametraxe titulada “O barco na rotonda. A historia de Diego”. O martes 23 de agosto ás 20h presentaremos, da man do director e de persoas da asemblea aberta de Coia, a curta que logo dará pé a un faladoiro sobre aqueles meses de loita na rotonda. A estrea será no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” de Coia lugar no que o 3 de decembro convocouse unha asemblea aberta que deu inicio a esta mobilización.

Máis

Hora

23 agosto, 2022 20:00(GMT+02:00)

Localización

Parroquia Cristo da Victoria

Rúa de Baiona, 9, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events