VIALIA
bannerPicnicSesions

50 anos da Casa de Rosalía: charla + concerto

06xul19:3050 anos da Casa de Rosalía: charla + concertoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

O mércores 6 inaugúrase ás 19 horas en Vigo a exposición ‘A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía’ na que se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas. No acto estarán presentes o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; a deputada María Ortega, e a presidenta da Deputación de Pontvedra, Carmela Silva.

Ademais, co apoio da Deputación de Pontevedra, esta acción complementarase cunha conferencia do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, sobre “A Casa de Rosalía e Vigo”, e a actuación da cantora viguesa Su Garrido, que tamén interpretará temas rosalianos, na Sede da Deputación en Vigo. 

A mostra, que se pode visitar na Farola de Urzáiz, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo. Fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa. 

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.

No caso concreto de Vigo destacou a implicación do Celta de Vigo, que doou unha peseta de cada entrada dun partido contra o Real Madrid en Balaídos en 1971; ademais de asociacións e particulares, como Xosé Luís Méndez Ferrín, o libreiro Antón Patiño, Xosé Luís Franco Grande, Xosé María Álvarez Blázquez, Zulueta de Haz, Daniel Pino, Carlos Casares, os irmáns Massó ou Bernardino Graña, entre moitos outros. 

Máis

Hora

(Mércores) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events