ASNEVES
REVISTA MAIO

4X4 PETIT

19mar18:004X4 PETITPEQUERRECHOS | 5,00 €18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

4X4

Domingo 19,18:00 h

A experiencia consistirá nun percorrido por catro diferentes espazos gozando de catro pezas distintas.

LAS GEMELAS DE PALACIO, Luz, Micro y Punto.

Teatro de sombras.

Intérpretes: Patricia Toral, Chantal Franco
e Verónica Galán
Idioma: castelán
Unha pequena historia sobre o gran desexo de crecer e aprender, e o medo que xure moitas veces ante o descoñecido.

PAN, Olga Plus

Intérprete: Olga Zeceva
Idioma: castelán
Un espectáculo onde o protagonista é o… PAN! O PAN visto como unha cousa viva, que desde que é unha masa ten desexos e temores. O que é esencial e primordial, pero que tamén ten a súa historia, que non é outra que a historia do ser humano.

CITA EN EL MARCO, Zig Zag Danza

Danza

Intérpretes: Estrella García e Miguel Quiroga Teatro xestual que desde a comicidade conecta cos espectadores a través da relación entre dous personaxes pechados no marco dun cadro, a partir da linguaxe do movemento e o xesto.

EL MAGO MÁS PEQUEÑO DEL MUNDO, Adrián Conde

Maxia

Intérprete: Adrián Conde e Félix Corcuera
Idioma: castelán
Canso de que o rexeiten de todos os teatros, o artista de varietés máis pequeno do mundo decide montar o seu propio, e non só o fai acorde ás súas medidas, senón que tamén lle pon rodas para levalo a todos os recunchos do mundo. Feliz de poder amosarnos as súas habilidades, este diminuto artista convídanos a somerxernos nunha atmosfera máxica, confirmando, unha vez máis, que o bo vén en frasco pequeno.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events