
05xuñ19:004Ventanas - PaisajistasARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) Tinta Negra
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 5 a partir das 19h hai unha nova edición de xanelas!Neste caso “4 Ventanas -Paisajistas” Paisaxistas son un colectivo artístico que
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 5 a partir das 19h hai unha nova edición de xanelas!
Neste caso “4 Ventanas -Paisajistas”
Paisaxistas son un colectivo artístico que realiza intervencións na rúa desde 2017. A súa principal liña creativa é a representación de paisaxes no espazo urbano, mesturando recursos da pintura máis tradicional con aspectos metodolóxicos máis propios do grafiti. Estas paisaxes, reducidos ao mínimo no seu aspecto máis formal, achéganse a unha abstracción pictórica que favorece unha lectura máis aberta e fresca.
Ademais Carmen Badía virá coa sua merendola así que poderás tomarte unhas canas acompañadas de algo rico e vendo a estes artistas en directo intervindo as xanelas.
Máis
Hora
5 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)
Localización
Tinta Negra
Rúa dos Irmandiños, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual