'RECUERDA QUE MORIRÁS' de Julián Rodríguez Novo
Detalles do eventos
Julián Rodríguez Novo, autor teatral , director e escritor (Finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática 2017) presenta o seu próximo libro, RECUERDA QUE MORIRÁS “Memento Mori”, este Xoves 1
Detalles do eventos
Julián Rodríguez Novo, autor teatral , director e escritor (Finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática 2017) presenta o seu próximo libro, RECUERDA QUE MORIRÁS “Memento Mori”, este Xoves 1 de Outubro na Cafetería Catro a Catro, Rúa Gerona 16, Vigo, ás 21:00 horas. Este acto será presentado polo actor e director Xosé Manuel Conde, a presentación a cargo do autor e tamén contará coa colaboración do artista vigués Pablo Dios e coa lectura dun par de fragmentos da novela cargo da actriz Lina López. A entrada é gratuíta ata completar aforo , por suposto respectando as normas do protocolo covid 19.
Sinopse
Un horrible crime nunha vella estación de Metro arroxará luz sobre unha verdade que nos acompaña desde o inicio dos tempos. A morte, sempre a morte. Cara a ela diríxese todo. Encamiñou os nosos medos, decisións e crenzas ao longo da historia. Algunhas veces para ben, a maioría… para mal. Aos mortos non lles importa o seu funeral, non teñen pensado asistir máis que de corpo presente. Todos os homes e mulleres son iguais na morte. Salvo un. E esta é a súa historia. E ti? Ata onde estarías disposto a chegar para conseguir burlar á morte? Lembra que morrerás achéganos á historia dunha criatura capaz de cambiar o seu tempo polo das súas vítimas, enganando así á morte a través da historia da humanidade. Un asasino desapiadado que acompaña aos homes no seu camiño a través dos séculos. E que non só queda co tempo de vida que lles restaba ás súas vítimas se non tamén con todos os vicios que sumaron durante a súa idade na terra. Deixando cos anos, cada vez máis atrás, o máis mínimo rastro da súa humanidade.
Máis
Hora
1 outubro, 2020 21:00(GMT+02:00)
Localización
De catro a catro
36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes