
Detalles do eventos
Polo 40 aniversario do Café Uf proxectarase o concerto filmado na fábrica de Massó da banda sonora do filme ‘9 fugas’, do vigués Fon Cortizo.
Detalles do eventos
Polo 40 aniversario do Café Uf proxectarase o concerto filmado na fábrica de Massó da banda sonora do filme ‘9 fugas’, do vigués Fon Cortizo.
A película dirixida por Fon Cortizo parte da banda sonora creada por unha orquestra de improvisación dirixida da que brotaron a historia e as imaxes. Nesta agrupación podemos atopar nomes como David Santos, Macarena Montesinos, Xavier Bertólo ou LAR Legido. 9 Fugas estrutúrase en nove capítulos que son vasos comunicantes a través dos cales un relato líquido discorre coa liberdade da música. Son historias que atravesan as dimensións, onde o pasado improbable, o presente inestable e o futuro negado mírase aos ollos.
Trátase dun musical neo-noir que indaga nas fisuras das lembranzas, na memoria perdida, no oculto, no tempo e na opresión. O filme foi rodado nas asteleiros de Vigo, na enseada de Cesantes, no cargadareiro do Coto Wagner e na illa de San Simón, entre outros lugares. O elenco, con presenza viguesa, está formado por María Roja, Olga Cameselle, Lola Quirós, Alfredo Rodríguez, Areta Bolado, Ailén Kendelman, Noelia Castro e Marta Pérez.
Máis
Hora
23 febreiro, 2023 21:00(GMT+01:00)
Localización
Café Uf
Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra