
40 Aniversario Alborada
24mai19:3040 Aniversario AlboradaESPECTÁCULOS | 5,00€19:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ALBORADA, é unha ONG, declarada de utilidade pública, que desde 1982 traballa nas diversas problemáticas relacionadas coas drogodependencias e outras
Detalles do eventos
A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ALBORADA, é unha ONG, declarada de utilidade pública, que desde 1982 traballa nas diversas problemáticas relacionadas coas drogodependencias e outras adiccións, a exclusión social, a problemática penal, a incorporación sociolaboral, a prevención do consumo de drogas, a atención á adolescencia en desprotección social, etc. (ver www.alborada.org).
Por iso, con motivo do 40 aniversario da súa fundación, ACLAD ALBORADA conmemora o 40 aniversario desde a súa fundación cun Festival Benéfico, para lembrar e gozar, conducido por Rubén Riós, coa participación altruísta e solidaria de Antonio Durán “Morris”, Antón Reixa, Guadi Galego, Ari Magritte, Sons do Abrente de Mos, Carla Lourdes, J. C.A., doutros membros da entidade e moito máis…
O evento terá lugar o 24 de maio de 2022, ás 19.30 horas, no Teatro Afundación ( C/Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo) cedido gratuitamente por Afundación, Obra Social de Abanca.
Para as persoas que non poidan acudir presencialmente, e que desexen colaborar con este evento solidario, activouse unha Fila 0 para doazóns, cunha achega mínima de 5 euros.
Máis
Hora
24 maio, 2022 19:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra