
27set10:002ª RUTA DEPO ORIENTAACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde10:00 Lagoa de Castiñeiras (Vilaboa)
Detalles do eventos
Con Vive Deporte, a programación coa que a Deputación de Pontevedra pon en valor as actividades deportivas sustentables, as persoas amantes da natureza teñen a oportunidade de realizar
2ª RUTA DEPO ORIENTA
Con Vive Deporte, a programación coa que a Deputación de Pontevedra pon en valor as actividades deportivas sustentables, as persoas amantes da natureza teñen a oportunidade de realizar unha nova actividades de orientación, tras o éxito de participación deste pasado domingo no Monte Galiñeiro.
Así, a institución provincial abriu o luns 7 de setembro o prazo de inscrición da segunda destas rutas “Depo Orienta”, que terá lugar o domingo 27 de setembro no Monte da Lagoa de Castiñeira. O obxectivo das persoas participantes é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda dun mapa, que se lles entrega xunto co material preciso para a realización da actividade no punto de partida.
As persoas interesadas en asistir poden anotarse de xeito gratuíto no sitio web da Deputación (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade, ata un máximo de 100, pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, rematará o 21 de setembro ás 12 horas.
Máis
(Domingo) 10:00
Lagoa de Castiñeiras (Vilaboa)
Lago de Castiñeiras s/n, 36141 Vilaboa, PO