Revistamaio23

12abr20:00'2 viaxes'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Banda Deseñada

'2 viaxes'

Presentación da reedición facsimilar do álbum gráfico 2 Viaxes, considerado pioneiro da banda deseñada galega. Este cómic foi publicado orixinalmente no ano 1975 por Xaquín Marín e Reimundo Patiño, unha xoia en clave de ciencia ficción que reivindicaba a situación da nosa cultura naqueles anos e que hoxe, case 50 anos despois, non perdeu nin un pouquiño da súa actualidade.

A presentación será o martes, 12 de abril, na libraría Banda Deseñada, ás 20:00 horas. Contarase coa presenza dos artistas Antón Patiño e do crítico cultural Octavio Beares que conversarán sobre a importancia deste cómic na historia cultural galega, acompañados polo editor Xabier Romero.

Máis

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Banda Deseñada

Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra

X