VIALIA
bannerPicnicSesions

1598: LA PESTE EN VIGO.EL SECRETO DEL RECLINATORIO DEL PRIOR

11nov20:001598: LA PESTE EN VIGO.EL SECRETO DEL RECLINATORIO DEL PRIORACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 20:00(GMT+01:00) Aula D

Detalles do eventos

O mércores 11 de novembro (20:00 horas) terá lugar a presentación do libro ‘1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior’ de Antonio Giráldez editado por Editorial Elvira. No acto, que se celebrará na Escola de Deseño Aula D, participará o autor e o editor Xabier Romero. A presentación cumprirá estritas medidas de seguridade provocadas pola COVID‒19 e con aforo limitado. Para inscribirse é preciso mandar un mail a editorialelvira@gmail.com con nome, apelidos e número de teléfono.

Antonio Giráldez explica na contraportada como chegou ás súas mans un pergamiño encartado, que pertencía a un diario datado en 1598 asinado por Gregorio Servido, prior da Colexiata de Vigo. «O pergamiño daba fe dunha época aciaga na nosa cidade e era a primeira peza dun quebracabezas que me levou a Portugal. Alí, ademais de saber de aspectos pouco coñecidos da guerra contra Napoleón, atopei a crónica máis antiga de Vigo escrita polo prior da Colexiata que gardada celosamente nun caixón do seu reclinatorio. O reclinatorio saíra do templo mentres duraron as obras de reconstrución tras a explosión dunha polvoreira en 1813, pero nunca regresara». Agora, esta etapa da historia de Vigo, parece moi próxima: «Cando revivía co prior os anos de fame, guerra e peste de fins do século XVI, dinme conta de que eu tamén, en 2020, estaba a ser testemuña doutra epidemia que azoutaba a nosa cidade, o coronavirus», sinala o historiador.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Aula D

Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events