bannerVialia
RevistaFebreiro23

10dec18:3010 anos de Maxia no CatroPEQUERRECHOS | 5,4018:30 De catro a catro

10 anos de Maxia no Catro

Este mes de decembro, a Maxia no Catro cumpre unha década. O evento, celebrado no segundo sábado de cada mes no Café De Catro a Catro, comezou en decembro do ano 2012 da man dun grupo de magos amadores e profesionais da cidade.

Dende entón e ata o día de hoxe, ducias de magos locais e de renome nacional e internacional xa pasaron por este café histórico situado na Rúa Girona para asombrar ao público de todas as idades.

A pandemia de covid-19 obrigou a cancelar temporalmente o evento, pero volve con forza para esta temporada 2022-2023 organizado polo colectivo vigués Magia en la Manga co obxectivo de continuar esta cita ineludible para os amantes da maxia de Vigo.

Para conmemorar o aniversario da Maxia no Catro, o público poderá gozar o sábado 10 de decembro dunha gala de maxia familiar ás 18:30 horas e dunha gala de maxia de cerca ás 21:00h coa participación dalgúns dos ilusionistas habituais no De Catro a Catro durante esta década, así como novas promesas da maxia local.

Entradas á venda en www.entradium.com

Máis

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

X