Este domingo debuta Uxía Álvarez, a viguesa máis nova do Marisquiño
Este domingo ás 16:00 no Marisquiño teremos a oportunidade de ver en directo á viguesa Uxía Álvarez, que con só 14 anos, vai competir na modalidade absoluto de MTB Downtown, o famoso descenso en bicicleta de montaña polas rúas do Casco Vello. Falamos con ela a dous días da proba máis importante da súa curta pero exitosa traxectoria.
Como e cando te inicias neste deporte tan particular?
Eu empecei a andar en bici aos 5 anos, e a competir, polo que xa tiña unha base de ciclismo. Despois busquei un deporte que encaixase máis coa miña personalidade, e comecei [co ciclismo de montaña] fai 4 anos, aos 10.
É especial para ti a carreira do domingo ao ser en Vigo?
Claro, ademais é a primeira vez que compito aquí, sempre o miraba desde afora e parecíame impresionante esta carreira, pero agora a ver que sensacións teño aí dentro.
Que significa para ti poder participar nun evento deste tamaño?
Estou moi ilusionada porque non sei con que obstáculos voume atopar, e estou moi moi nerviosa porque compito contra rapazas de moi alto nivel como por exemplo Eva Castro ou Rosi Martínez. Estou moi moi ilusionada, a verdade.
Este é o teu primeiro ano como participante. Tes vido outros anos ao Marisquiño como espectadora?
Si, e aínda que miraba outras probas, coa que máis tempo me quedaba era co descenso.
É un mundo difícil o da MTB?
É un deporte bastante complicado, porque tes que depender de alguén, sobre todo económicamente. Necesitas a alguén que te esté a apoiar e que te poida levar aos sitios. As bicis non son precisamente baratas, e as proteccións e as viaxes tampouco. É moi complicado, necesitas moito apoio de familia e amigos.
Tes algún patrocinador que te axude?
O meu pai xa conseguiu algún para o clube, pero eu non teño. Tes que ser moi moi boa para ter patrocinadores neste deporte.
Que se sinte ao ser a deportista máis nova da proba?
Síntome ilusionadísima porque ao ser a máis pequena compito contra xente moito maior que eu. Poden ensinarme, apoiarme… é unha sensación xenial.
Que te parece cun evento da magnitude do Marisquiño se celebre en Vigo tódolos anos?
Eu creo que como O Marisquiño non hai nada no mundo. É un evento que trae moito turismo, a moitísima xente, que relaciona os diferentes deportes… É incrible.
Cales son os teus retos a corto e longo prazo?
Eu espero poder chegar ao máis alto deste deporte, pero sobre todo gozar e pasalo ben, e xa está.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024